HAI UNHAS SEMANAS AS PROFES FORON A CAMIÑAR AO MONTE DO VISO EN SANTIAGO. LEVÁRONSE UNHA GRAN SORPRESA CANDO ATOPARON VARIAS ESTATUAS DA MITOLOXÍA GALEGA. MOI EMOCIONADAS TROUXÉRONNOS A CLASE FOTOS. AÍNDA QUE ESTES SERES DÁBANNOS UN POUQUIÑO DE MEDO TAMÉN NOS GUSTABA VELOS E OBSERVAR AS IMAXES, EN CASA ENCANTOUNOS BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE ELES E CONTALA EN CLASE. ALGÚNS AMIGOS E AMIGAS TAMÉN FORON DE VISITA AO MONTE DO VISO E TROUXÉRONNOS VÍDEOS E FOTOS QUE NOS ENCANTARON.
ESCRIBIMOS AS PALABRAS DE MITOLOXÍA E MITOLÓGICOS EN GALLEGO E CASTELÁN, COMPARAMOS AS 4 PALABRAS EN QUE SE PARECÍAN EN QUE SE DIFERENCIABAN, CANTAS LETRAS TIÑA CADA UNHA... AS PROFES DIXÉRONNOS QUE IAMOS A XOGAR A DETECTIVES DE PALABRAS E QUE HABÍA UNHA PALABRA QUE SE ESCONDEU DENTRO DE CADA UNHA DAS 4 E QUE TERIAMOS QUE BUSCALA.
ATOPÁMOLA: "MITO"
QUE É UN MITO? QUE SON OS MITOS?
ESCRIBÍMOLO NA NOSA AXENDA E LEVÁMOLO COMO TAREFA PARA INVESTIGAR A FIN DE SEMANA. XA DESCUBRIMOS O SIGNIFICADO DE MITOS E ISTO AXÚDANOS A NON TER MEDO A ESTES ANIMAIS E SERES FANTÁSTICOS.
ESTAMOS A TRAER MOITA INFORMACIÓN E TAMÉN LIBROS RELACIONADOS COS ANIMAIS FANTÁSTICOS E COA MITOLOXÍA, CONTÁMOLO NA CLASE OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS E COLGÁMOLOS NO RECANTANTO DO PROXECTO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario