NESTA UNIDADE TRABALLAMOS DIFERENTES CONTIDOS ENTRE ELES:
- INTRODUCIMOS AS RUTINAS DE ASEMBLEA A TRAVÉS DO TABOLEIRO DIXITAL. O ENCARGADO TEN DIFERENTES FUNCIÓNS ENTRE ELAS: RODEA AS LETRAS DO SEU NOME E ESCRIBEO, CONTA CANTAS LETRAS TEN, PASA LISTA DO ALUMNADO QUE VEU AO COLE, CONTA E ESCRIBE O NÚMERO DE ALUMNOS E ALUMNAS QUE ESTÁN NA CASA E NO COLE, SINALA O DÍA DA SEMANA, DO MES, A ESTACIÓN DO ANO E O TEMPO QUE FAI, ESCRIBE A DATA. ENTRE TODOS BUSCAMOS PALABRAS COA INICIAL DO SEU NOME...ETC. CANTAMOS CANCIÓNS RELACIONADAS COAS DIFERENTES RUTINAS, DA ESTACIÓN DO ANO...
- @ RUTINAS E HÁBITOS RELACIONADOS COA AULA DE 4 ANOS
- AS NORMAS DE CONVIVENCIA: COMPRENDER PORQUE SON NECESARIAS AS NORMAS, DIALOGAR SOBRE ELAS, ESCENIFICALAS, ENTRE TODOS E TODAS DECIDIR QUE NORMAS DE CONVIVENCIA SON IMPORTANTES NOS DIFERENTES ESPAZOS DO CENTRO, TENDO EN CONTA A COVID-19: NA CLASE, NOS PATIOS, NOS BAÑOS...
- HIXIENE PARA O COIDADO DA SAÚDE
- A ENFERMIDADE E A COVID-19: SÍNTOMAS, COIDADOS, PREVENCIÓN...
- OS MICROORGANISMOS: VIRUS, BACTERIAS E FUNGOS
- REENCONTRO COAS MASCOTAS ( TADI E JOSEFINA) COMO MOTIVADORAS DAS APRENDIZAXES
- INTRODUCIÓN AO TRABALLO CON DIFERENTE XOGOS
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario