A PRINCIPIO DE CURSO, RECIBIMOS EN CADA UNHA DAS CLASES, UNHA CARTA DAS NOSAS MASCOTAS: JOSEFINA E TADI.
NA CARTA DICÍANNOS ONDE ESTIVERON DE VACACIÓNS E CONTÁBANNOS MOITAS COUSAS QUE ESTABAN A PASAR NO MUNDO.
NO TABOLEIRO DIXITAL TENTAMOS LELA ENTRE TODOS E TODAS E DURANTE VARIOS DÍAS DIALOGAMOS SOBRE DIFERENTES COUSAS QUE PASARON:
- NO CÍRCULO POLAR ÁRTICO, ONDE APARECEU UN ESQUELETE COMPLETO DUN MAMUT
- ALGÚNS VOLCÁNS ENTRARON EN ERUPCIÓN
- QUE O 2021 SERÁ O ANO INTERNACIONAL DAS FROITAS E HORTALIZAS
- DO OUTONO
- ....ETC
TODOS E TODAS QUERÍAMOS PARTICIPAR CONTANTO E DANDO A NOSA OPINIÓN SOBRE ESTAS COUSAS. PERO DO QUE MÁIS NOS GUSTABA FALAR ERA DA TERRA E DOS VOLCÁNS. ASÍ QUE AS PROFES EMPEZÁRONNOS A FACER PREGUNTAS SOBRE OS VOLCÁNS. NÓS DURANTE VARIOS DÍAS FOMOS DICINDO O QUE PENSABAMOS QUE SABIAMOS DOS VOLCÁNS E AS PROFES FORON ESCRIBINDO AS NOSAS IDEAS PREVIAS NO TABOLEIRO DIXITAL. XURDIRON MOITOS CONFLICTOS COGNITIVOS, PORQUE NON TODOS E TODAS PENSABAMOS O MESMO. TIVEMOS QUE ESTAR MOI ATENTOS ESCOITANDO E RESPETANDO AS IDEAS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. DÉMONOS CONTA QUE TEMOS MOITAS DÚBIDAS E ESO ERA UN PROBLEMA AO QUE TIÑAMOS QUE BUSCARLLE SOLUCIÓN.
POR ISO COMEZAMOS A PENSAR SOBRE O QUE IAMOS A INVESTIGAR E APRENDER E ONDE PODIAMOS BUSCAR INFORMACIÓN.
A SEMANA PASADA FOMOS PENSANDO ONDE INVESTIGAR E DIXEMOS: NOS LIBROS DA BIBLIOTECA DE LAMPI, NOS NOSOS LIBROS DE CASA, NO ORDENADOR DE CASA E NO DO COLE, NAS TABLETS, NO MÓBIL DE PAPÁ E DE MAMÁ, PREGUNTANDO ÁS NOSAS FAMILIAS., AS PROFE..ETC.
ESTA SEMANA EMPEZAREMOS A BUSCAR INFORMACIÓN PARA RESOLVER AS NOSAS DÚBIDAS. AO MESMO TEMPO ESTAMOS A FACER UN DOSSIER ONDE IMOS CONTANDO OS PASOS POLOS QUE PASA O NOSO PROXECTO PARA CANDO TERMINEMOS LEVALO A CASA E PODER EXPLICARLLO Á NOSA FAMILIA.
COLGAMOS AQUÍ AS FICHAS DO DOSSIER, PARA DESCARGAR O ALUMNADO QUE ESTÁ NA CASA, AS DÚAS PRIMEIRAS XA AS FIXEMOS NAS SEMANAS ANTERIORES CANDO FALAMOS DOS COÑECEMENTOS PREVIOS, ESTA SEMANA REALIZAREMOS AS TRES SEGUINTES: PINTAR E ESCRIBIR ONDE BUSCAN INFORMACIÓN, RECORTAR E PEGAR AS LETRAS DE VOLCÁN NA TÁBOA E ESCRIBIR UNHA NOTA PARA AS FAMILIAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario