Hoxe tivemos unha charla moi interesante cunha nutricionista, Inés e a S.D.Teucro na que aprendemos moito sobre hábitos alimenticios saudables. Déronnos ideas de almorzos, comidas, merendas... saudables que todas e todos podemos realizar na casa. Comentáronnos tamén o perigo dos ultraprocesados, refrescos, bebidas azucradas coma zumes envasados, etc. Todo isto se o combinamos con actividade física e un bo descanso, teriamos uns hábitos fantásticos.
ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA. NEL APARECERÁN AS NOSAS ACTIVIDADES, XOGOS, COMENTARIOS... AGARDAMOS QUE NOS SIGADES CON INTERESE.
21/2/25
14/2/25
Castelao e o Café Moderno
Na nosa visita ao edificio do Café Moderno, aprendemos que Castelao viviu en Pontevedra e fixo un montón de amigos cos que facían longos faladoiros.
5/2/25
PAZ DE CORAZÓN
A paz de corazón comeza na nenez. Estamos aprendendo a xestionar as emocións, a resolver conflitos e a vivir con empatía, co fin de lograr un ambiente de respecto e comprensión.
31/1/25
FALANDO DAS EMOCIÓNS
HOXE TIVEMOS UN OBRADOIRO A CARGO DA CRUZ VERMELLA PARA FALAR DAS EMOCIÓNS E DA INTELIXENCIA EMOCIONAL. COÑECEMOS PALABRAS COMO: EMPATÍA, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, INTELIXENCIA INTERPERSOAL E INTELIXENCIA INTRAPERSOAL. TAMÉN TRABALLAMOS SOBRE COMO COÑECER AS PROPIAS EMOCIÓNS E COMO XESTIONALAS. FOI MOI INTERESANTE!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)