2/6/24

SAÍDA FIN DE CURSO: MOITA NATUREZA (engadimos aquí web sobre aves)

Que pouquiño queda de curso! Para celebrar que case somos de terceiro, fixemos unha saída fin de curso chea de natureza 🌸🌳

Primeiro realizamos varias actividades no ECOPARQUE-ATALAIA. 

Vimos animais, acariñámolos, démoslles de comer... estivemos moi entretidos e entretidas na granxa.

Tamén movemos o corpo cunha gyncana de xogos ao aire libre. 


Logo fomos ata a área recreativa de Rebordelo, onde pasamos a tarde. Visitamos a Elías, dono do bar-muíño, preparounos unhas mesiñas á sombra das árbores onde comemos e descansamos. Ata nos ensinou o funcionamento do muíño que tempo atrás vimos na clase.


As profes deixáronnos tempo para xogar e pasar un rato de convivencia e diversión na natureza. Xogamos co paracaídas, ao brilé, á corda, co frisbie, a saltar e correr...

Tamén xogamos algo no río, fixemos pompas de xabón e o mellor de todo: COMEMOS XEADOS!


Foi un día moi bonito e en moi boa compañía.

💚🌼 

Nunhas semanas mandarémosvos as fotos para que teñades recordo deste día.

E como nos gusta tanto a natureza, deixámosvos unha web que estivemos vendo na clase e que nos recomendou a nai de André. Nela poderedes buscar aves , ler sobre elas e escoitar o seu canto. MOI RECOMENDADA! GRACIAS TERESA 💚🐥

https://seo.org/

https://seo.org/guia-de-aves/

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario