As clases de segundo visitamos o Museo Massó en Bueu.
Alí aprendemos sobre diferentes aparellos e inventos: o astrolabio, tipos de redes, un abrelatas, paraugas con barbas de balea, instrumentos médicos, etc.
Ademais, realizamos o obradoiro Con A de Astrónomas no que coñecemos diferentes astrónomas e as súas investigacións. Tamén repasamos o Sistema Solar e os movementos da Terra, puidemos construír o noso Sistema Solar.
Logo merendamos na praia, xogamos na area e ata mollamos un poquiño os pés no mar!
FOI UN DÍA ESTUPENDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario