- Coñecemos ás galiñas e ó galo Juan. Démoslle de comer e visitamos o galiñeiro 5 estrelas no que durmen.
- Vimos a horta, fixámonos cómo nacen as fresas, puidemos ver o proceso:
- Visitamos a casa de Lita, onde ten millo almacenado, ensinounos máquinas para debullalo:
- Os veciños de Tenorio enteráronse de que o noso novo proxecto é MÁQUINAS E INVENTOS e invitáronnos ver un ferreiro. Alí vimos aparellos e ferramentas para traballar cos metais:
- Démoslle a Lita un bonito agasallo pola paciencia e ilusión co que nos ensinou todo.
Logo fomos ata o CEIP de Tenorio onde nos agasallaron cunha merenda e cunha xornada de xogos compartidos co alumnado de 1º e 2º de Tenorio. Ata personalizaron os carteis que explicaban cada xogo. Pasámolo xenial!
Por
último, intercambiamos agasallos de agradecemento. As clases de 2º do Vilaverde
preparámoslle unha caixa cun libriño para cada clase de 1º e 2º, tamén fixemos
marcapáxinas e asinamos na caixa. Nós recibimos unhas chapas chulísimas
personalizadas con Lampi e a mascota de Tenorio.
Pero, sen dúbida, o maior agasallo foi compartir o día con novos nenos e nenas, facer amizades e aprender con todo o que nos ensinaron.
Damos as gracias a Lita e a todo o equipo do CEIP de Tenorio por facer posible esta experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario