9/12/24

19/11/24

O BOSQUE DOS DESEXOS

Un lugar onde os/as cativos/as aprenderon a cultivar unha mente positiva e onde as boas intencións renaceron de xeito espontáneo, como a de "plantar" os seus mellores desexos para compartir coas súas familias.


 


1/7/24

FELICES VACACIÓNS


Xa rematou 2º, canto traballamos e canto aprendemos! 

Agora toca desfrutar moitísimo do verán, pero tamén é importante deixar un tempo para repasar e preparar un pouquiño a nova aventura de 3º.

Deixamos por aquí unhas recomendacións para o verán.

MOITOS BICOS DE PARTE DAS TITORAS DE 2º!

8/6/24

A HORTA E OS ALIMENTOS!

As nenas e os nenos de 4º e 5º que participan no obradoiro da horta nos recreos, fixeronnos un percorrido pola horta do colexio, coa axuda da profe Maite.

Explicáronnos unha chea de cousas: qué son as plantas, as súas partes e como se alimentan.

 

Tamén fomos vendo os diferentes bancais atentos as explicacións de cada hortaliza: leitugas, tomates, cenorias, cebolas, allos, porros, amorodos e un montón máis. 

Puidemos ulir e tocar moitas delas.


Por último, lembráronnos a importancia do compost e ata nos regalaron uns pasatempos sobre a horta !

MOITAS GRACIAS 

💚

Nesta web podedes buscar diferentes hortalizas e aprender sobre elas:

https://www.5aldia.es/es/5-al-dia-en-casa/los-superpoderes-de-las-frutas-y-hortalizas/



OS RESTAURANTES DE 2º

 Xa temos elixidos os nomes dos nosos restaurantes!

RESTAURANTE COCIÑANDO CON OSCURITAS

RESTAURANTE MINI CHEFS


Estas últimas semanas seguiremos aprendendo cousiñas sobre os traballos e a cociña. Tamén faremos algunha receita nova...cal será? 
🍧🍉🍮🍍

 

2/6/24

SAÍDA FIN DE CURSO: MOITA NATUREZA (engadimos aquí web sobre aves)

Que pouquiño queda de curso! Para celebrar que case somos de terceiro, fixemos unha saída fin de curso chea de natureza 🌸🌳

Primeiro realizamos varias actividades no ECOPARQUE-ATALAIA. 

Vimos animais, acariñámolos, démoslles de comer... estivemos moi entretidos e entretidas na granxa.

Tamén movemos o corpo cunha gyncana de xogos ao aire libre. 


Logo fomos ata a área recreativa de Rebordelo, onde pasamos a tarde. Visitamos a Elías, dono do bar-muíño, preparounos unhas mesiñas á sombra das árbores onde comemos e descansamos. Ata nos ensinou o funcionamento do muíño que tempo atrás vimos na clase.


As profes deixáronnos tempo para xogar e pasar un rato de convivencia e diversión na natureza. Xogamos co paracaídas, ao brilé, á corda, co frisbie, a saltar e correr...

Tamén xogamos algo no río, fixemos pompas de xabón e o mellor de todo: COMEMOS XEADOS!


Foi un día moi bonito e en moi boa compañía.

💚🌼 

Nunhas semanas mandarémosvos as fotos para que teñades recordo deste día.

E como nos gusta tanto a natureza, deixámosvos unha web que estivemos vendo na clase e que nos recomendou a nai de André. Nela poderedes buscar aves , ler sobre elas e escoitar o seu canto. MOI RECOMENDADA! GRACIAS TERESA 💚🐥

https://seo.org/

https://seo.org/guia-de-aves/

 

 

 

 

VISITA DUNHA FAMILIA: EVA ALMAZÁN, NAI DE SUSANA

Fai uns días tivemos a sorte de recibir a visita dunha tradutora moi especial: Eva Almazán.

Eva traduciu o libro que estamos a ler este último trimestre: Amelia Fang e o ladrón de lembranzas.

Contounos información sobre o seu oficio e transmitiunos a importancia de saber idiomas como vía para comunicarnos mellor, coñecer novas culturas... APRENDEMOS MOITO CON ELA!

Tamén fixemos un xogo no que tiñamos que buscar palabras en 3 idiomas: galego, castelán e inglés. Para isto tivemos que cooperar entre nós facéndonos preguntas e axudándonos.

Con todas as palabras e imaxes, formaremos O DICIONARIO DE 2º


GRACIAS EVA POR COMPARTIR CON NÓS UN POUQUIÑO DO TEU OFICIO E POLA TÚA COLABORACIÓN.

 

UNHA COR PROPIA

As clases de 2º recomendamos o libro UNHA COR PROPIA. Lémolo esta semana e deunos a oportunidade de falar sobre a importancia de  valorarnos e estar contentos co que somos. 

Completamos a lectura e reflexión cunha pequena actividade con acuarelas.

 

Deixamos o libro en vídeo (versión en castelán) por se queredes practicar a lectura en voz alta na casa como se fósedes contacontos 💛📗📢





24/5/24

RECEITA DA SEMANA: BOCADILLOS QUENTES!

Seguimos aprendendo sobre os alimentos e a cociña!

Esta semana estivemos practicando vocabulario en galego sobre os alimentos, deixámos por aquí algúns vídeos e xogos cos que podedes repasar.

https://view.genially.com/5ec8eb519330ad0d7cd6ce2c/video-presentation-alimentos

https://view.genially.com/5ec8e8625cf4ce0d97da92e5



O venres, volvemos converternos en chefs e preparamos uns sandwiches  con leituga, tomate, queixo e pechuga de pavo. Mesmo puidemos quentalos nunhas sandwicheras, mmmm riquísimos!


Aproveitamos para aprender sobre a leituga, como se colle na horta, que debemos lavala moi ben para comer...

Tamén escribimos a receita desta merenda tan rica.

A próxima semana máis e mellor

🍎🍔🍐🍞

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS E CERTAME POÉTICO

Esta semana tivemos a sorte de ver a actuación do grupo musical PESDELÁN no colexio.

🎶🌸🎵

Ás clases de 2º tocounos realizar unha danza do entroido de Barranquilla, Colombia: O CIEMPIÉS 🐛

A profe Lola axudounos a preparala e fomos ensaiando, ata sacamos a bailar as profes!




Tamén celebramos o certame de poesía. Nel subiron ao escenario os finalistas de segundo:

2ºA: Leo, Nicolás e Olivia

2ºB: Adriana, Lucas e Nora

NORABOA aos seis e  ao resto de alumnado de 2º que tamén se esforzou en crear os seus poemiñas en galego.

VIVA A MÚSICA E AS LETRAS GALEGAS!



16/5/24

LETRAS GALEGAS 2024: LUISA VILLALTA

Esta semana puxémonos mans a obra para aprender sobre Luisa Villalta, a homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.

 

📘Limos sobre ela e xogamos un pouco con este genially que podedes repasar na casa:

https://view.genially.com/656af3aed0d3fd0014b67cee/interactive-content-birlos-villalta

Genially LUISA VILLALTA

https://view.genially.com/656af3aed0d3fd0014b67cee/interactive-content-birlos-villalta

📜Tamén deseñamos uns libriños coa súa biografía que en breves ensinaremos.

💙 Non podemos esquecer o CERTAME POÉTICO! Puxémonos a rimar e crear uns poemiñas chulísimos. Primeiro fixemos o borrador, logo mellorámolos, mesmo nos axudamos entre os equipos. Por último pasámolos a limpo e decorámolos. Os poemas gañadores recitaranse no certame poético do mércores 22, que nervios!



 As profes estamos moi orgullosas de todas as composicións!

😀Tamén movemos o corpo co baile que estamos a preparar para o concerto das Letras Galegas  da man do grupo PESDELÁN.

A próxima semana máis e mellor!