Fai uns días, tivemos a sorte de desfrutar
coa visita da mamá de Zoe.
Preparou unha sesión de contacontos con dous libriños moi especiais:
-Pedir axuda cando presenciamos ou sufrimos un problema non é chivar, é buscar apoio. É un acto moi valiente.
-É moi importante dicir PARA cando alguén se mete con nós.
-Hai que deixar xogar a todas as nenas e nenos, nos xogos hai que cumprir as normas e tratarnos con respecto. Se isto non sucede hai que pedir axuda.
-Se presenciamos un conflito, pelexa, problema etc. non podemos quedar mirando sen actuar, é bo avisar, pedir axuda.
Despois do pequeno debate, tocou unha actividade de convivencia: A ESTRELA DAS BOAS MENSAXES.
En pequenos grupos recibiron unha estrela que decoraron co seu nome. Logo, ó son da música foron rotando polas demais estrelas escribindo características positivas das compañeiras e compañeiros.
Formaron CONSTELACIÓNS cheas de mensaxes bonitas.
Levaron para casa este bonito recordo
🌟🌟🌟🌟🌟🌟🌟
Moitas gracias mamá de ZOE polo tempo
compartido con 2º, ENCANTOUNOS!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario