12/5/23

VISITA DUNHA FAMILIA: LEMBRAMOS O CORPO HUMANO USANDO AS TICS

Foi xenial recordar o tema do corpo humano coa colaboración dunha familia que compartiu con nós unha camiseta de realidade virtual. Con ela puidemos ver o interior o corpo: as costelas, o corazón, os pulmóns... e ata vimos cómo se movían os intestinos!

Tamén empregaron un cubo de realidade virtual no que un moneco chamado Mr. Body nos explicou cousiñas do corpo humano. 

Ademáis, tiveron con nós un detalle moi especial: regaláronnos a todas e todos unha caixiña de cores personalizada e á profes unha super axenda decorada 💜

UNHA PASADA DE FAMILIA!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario