O pasado venres 25 de novembro celebrouse no cole o día contra a violencia de xénero. Tanto na aula como en todo o centro fixemos diversas actividades relacionadas.
Porén, non debemos esquecer que a igualdade é un contido transvesal que está presente en todas as áreas, obxectivos, actuacións e decisións educativas.
Aquí vos deixamos algún exemplo das actividades realizadas sobre o 25N:
- Escoitamos, analizamos e aprendemos a canción "La puerta violeta". Os nenos e nenas de 1º debuxaron algúns dos seus versos. Con estes debuxos montamos un vídeo moi chuli:
- Lemos o libro "Guapa" e a partir del analizamos o que supón para unha persoa recibir comentarios e críticas sobre o seu aspecto físico. A partir da lectura o alumnado escribíu palabras bonitas que nos fan sentir ben. Con estas palabras creamos un bonito atrapasoños.
As palabras que 1º B escolleu foron: PRECIOSA, AMABLE, VALENTE, FELIZ E RESPETADA.
♀💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario