PROXECTOS DE 2º:
💚A HISTORIA DAS NOSAS FAMILIAS:
🐣AS AVES:
💡OS INVENTOS:
PEPITA E MIGUEL: PREME AQUÍ PARA LER E PRACTICAR O CONTO
ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA. NEL APARECERÁN AS NOSAS ACTIVIDADES, XOGOS, COMENTARIOS... AGARDAMOS QUE NOS SIGADES CON INTERESE.
FAI UNHAS SEMANAS PUXEMOS FIN AO PROXECTO DO UNIVERSO. A PARTE FINAL CHEGOU COA PRESENTACIÓN DO VÍDEO CREADO POLOS GRUPOS DE 1º SOBRE ASTRÓNOMAS E CIENTÍFICAS DA HISTORIA.
PRACTICARON UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN E UNHAS PREGUNTIÑAS FINAIS PARA O ALUMNADO DE 2º
A VERDADE E QUE NOS RECIBIRON XENIAL E NOS APOIARON MOITO NA NOSA PRESENTACIÓN. MOITAS GRAZAS 2ºA!
👏🌞🌙🌠
O XOVES 24 DISFRUTAMOS DUNHA SAIDA Ó TEATRO PARA VER A OBRA DE MONICREQUES A AVENTURA DE ABURRIRSE.
A TRAVÉS DA HISTORIA DUNHA NENA CHAMADA RITA, APRENDEMOS A IMPORTANCIA DO TEMPO EN FAMILIA, DO VALOR DA IMAXINACIÓN E DA CREATIVIDADE.
FOI UNHA MAÑÁ CHEA DE CHUVIA, PERO CARGADA DE HUMOR, MÚSICA E HISTORIAS QUE DEIXAN PEGADA. GUSTOUNOS MOITO!
O ALUMNADO DE PRIMEIRO XA ESTÁ A VISITAR A AULA DE INFORMÁTICA!
APROVEITAMOS ESTAS SESIÓNS PARA PRACTICAR A ENTRADA Á AULA VIRTUAL E TRABALLAR NELA COSUIÑAS QUE ESTAMOS A APRENDER NOS PROXECTOS: UNIDADES E DECENAS, RECTA NUMÉRICA, ANIMAIS DE GALICIA, CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS... CO TEMPO FAREMOS DIVERSAS ACTIVIDADES PARA APRENDER A CREAR TEXTOS SINXELOS, TRABALLO CON DIFERENTES PROGRAMAS ETC.
AS CLASES DE PRIMEIRO QUIXEMOS AGRADECER AO ALUMNADO DE 6º A LECTURA QUE COMPARTIRON CON NÓS O XOVES. POR ISO, DECIDIMOS ESCRIBIRLLES UNHAS CARTAS DÁNDOLLES AS GRACIAS E PEDÍNDOLLES QUE VOLVESEN MÁIS VECES.
💌💌
APROVEITAMOS PARA APRENDER SOBRE A ESTRUCTURA DAS CARTAS, XA SABEMOS QUE TEMOS QUE ESCRIBIR UNHA DATA, UN SAÚDO, O CORPO DA MENSAXE E UNHA DESPEDIDA. E ATA PODEMOS ENGADIR UNHA POSDATA.
AS NENAS E NENOS FORON DANDO IDEAS PARA A MENSAXE, ESCRIBÍMOLA NA PIZARRA E LOGO ELES NUN FOLIO. REPASAMOS O IMPORTANTE DE DEIXAR MARXEN, DE ESCRIBIR DE ESQUERDA A DEREITA, POÑER PUNTIÑOS FINAIS ... ATA TIVEMOS TEMPO PARA DECORALAS E METELAS NUN SOBRE.
📃📫
ALGUNHAS FOTIÑOS DOS RESULTADOS (1ºA)
COMO CADA XOVES, RECIBIMOS A VISITA DO ALUMNADO DE 6º QUE NOS FAI DISFRUTAR CUN CONTO E CUN TEMPIÑO DE CONVERSA.
📘🎉
LERON DOUS CONTOS MOI DIVERTIDOS E Ó REMATAR, FALAMOS UN POUQUIÑO DA MENSAXE DAS HISTORIAS, PREGUNTÁMOSLLE COUSIÑAS ÓS NENOS DE 6º SOBRE A ELECCIÓN DO CONTO, COMO SE PREPARARAN....E ATA VALORAMOS O BEN QUE O FIXERON!
O pasado venres 25 de novembro celebrouse no cole o día contra a violencia de xénero. Tanto na aula como en todo o centro fixemos diversas actividades relacionadas.
Porén, non debemos esquecer que a igualdade é un contido transvesal que está presente en todas as áreas, obxectivos, actuacións e decisións educativas.
Aquí vos deixamos algún exemplo das actividades realizadas sobre o 25N:
Despois de ensinarvos as investigacións que fixemos sobre mulleres astrónomas, os nenos e nenas de 2ºB foron testigos de todo o que aprendemos.
Como élas e éles tamén estaban estudando sobre o universo, fumos á súa clase a mostrarlle todo o que aprendemos.
Foron uns excelentes anfitrións e interesáronse moito polo noso traballo. Moitas grazas 👌💖
Aquí vos deixamos algunha imaxe!
O xoves recibimos a visita dunha nena de 6º que nos fixo disfrutar e rir cun conto sobre un poliño moi divertido.
📙🐣
Ó rematar fixemos preguntas e foinos explicando o proceso para crear os debuxos, de onde se inspirou, que material empregou... Tamén nos ensinou un libro chulísimo cunha antoloxía de contos tradicionais.