O VENRES 29 DE ABRIL, QUEDAMOS PAMPOS CUNHA CAIXA SORPRESA QUE APARECEU NAS NOSAS CLASES. ESTA CAIXA DE COR VERMELLA CONTIÑA UNHA SORPRESIÑA. DESPOIS DE TENTAR ADIVIÑAR O QUE PODÍA TRAER DENTRO, E DE FACERLLES MOITAS PREGUNTAS ÁS PROFES: "SERÁ ALGÚN ANIMAL", "OU PLANTA","UN XOGUETE", " DE QUE COR", " DE QUE FORMA" ...
COMPROBAMOS QUE NON PESABA, PERO ALGO DENTRO FACÍA UN RUÍDO QUE PARECÍA AREAS MOVÉNDOSE.
AO FINAL DENTRO HABÍA OUTRA CAIXA E DENTRO DESTA:
MOITÍSIMOS VERMES DE SEDA, FOLLAS SECAS
E UNHAS BOLIÑAS NEGRAS!!!
AS PROFES PREGUNTÁRONNOS, QUE SERÍA TODO AQUILO. NUNHA CLASE SÓ UNHA COMPAÑEIRA DIXO QUE ERAN VERMES, OS E AS DEMAIS DICIAMOS QUE EIRUGAS OU... NON SABIAMOS O QUE ERA. NA OUTRA CLASE ALGÚNS XA SABÍAN QUE ERAN VERMES DE SEDA MENTRES QUE OUTROS NON. AS BÓLAS NEGRAS DICIAMOS QUE ERAN TERRA, AREA, OVOS DE VERME...
AS PROFES PREGUNTÁRONNOS SE QUERIAMOS ADOPTALOS PARA A NOSA CLASE COMO MASCOTAS E CASE TODOS E TODAS DIXEMOS QUE SI, MOI MOI EMOCIONADOS.
PERO TIÑAMOS UN PROBLEMIÑA, NON SABIAMOS COIDALOS, NIN NADA DELES: NIN O QUE COMÍAN, NIN COMO LIMPALOS, NIN COMO NACEN, NIN SE FAN CACA OU COMO, NIN QUEN É A SÚA MAMÁ...
CO CAL DECIDIMOS QUE PARA PODER COIDALOS TIÑAMOS QUE COÑECELOS E PARA ESO CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN QUE TERIAMOS QUE INVESTIGAR EN DIFERENTES FONTES: NAS NOSAS CASAS, NA BIBLIOTECA DE LAMPI, EN LIBROS, NO ORDENADOR, NA TABLET...
ASÍ QUE NA AXENDA LEVAMOS UNHA NOTA PARA PODER BUSCAR INFORMACIÓN COAS NOSAS FAMILIAS.
PUXÉMONOS UN POUCO NERVIOSOS E NERVIOSAS, PERO TAMÉN MOI INTERESADOS/INTERESADAS E MOTIVADOS/MOTIVADAS, CO CAL É MOI FÁCIL QUE ESTE INTERESE NOS LEVE A EMPEZAR UN NOVO PROXECTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario