11/4/22

AS NOSAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS

DESPOIS DE SACAR Á FLOTE ÁS CINCO MULLERES IMPORTANTES DA ANTIGÜIDADE, PENSAMOS QUE PODIAMOS DARLLES VIDA INTERPRETÁNDOAS A TRAVÉS DAS NOSAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS. 
ASÍ AS NENAS CONVERTÉMONOS EN: ASPASIA DE ATENAS, DIOTIMA DE MANTINEA, SAPHO DE LESBOS, HYPATIA DE ALEXANDRÍA E  THEANO DE CROTONA. 
OS NENOS REPRESENTAMOS AOS FILÓSOFOS: PLATÓN, ARISTÓTELES E SÓCRATES, ALGÚNS DELES DISCÍPULOS DESTAS MULLERES QUE SE DEDICARON: ÁS MATEMÁTICAS, FILOSOFÍA, ASTRONOMÍA, POESÍA E POLÍTICA. 

DESDE QUE DESCUBRIMOS QUE AOS GREGOS GUSTÁBALLES MOITO FACER TEATRO, ENCANTOUNOS A IDEA DE QUE NAS NOSAS CLASES FIXÉSEMOS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS,  ALGUNHAS DELAS FORON:  CONTOS "O SOÑO DE BOTTICELLI", CADROS " A PRIMAVERA DE BOTTICELLI," O PRIMEIRO BICO", "O NACEMENTO DE VENUS", REPRESENTAMOS LENDAS E MITOS GREGOS, E TAMÉN VIMOS  FRAGMENTOS DA PELÍCULA "AGORA" E FIXÁMONOS EN COMO DIALOGABAN, SENTABAN E APRENDÍAN!!!

 AQUÍ ESTÁN OS NOSOS VÍDEOS DO TEATRO  "AS MULLERES IMPORTANTES":

 5 ANOS A: 

  
5 ANOS B:
                                                                FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario