HOXE TERMINAMOS O TRIMESTRE. CHEGAMOS A CLASE CON ADORNOS DO NADAL NA CABEZA E ALGÚNS E ALGUNHAS CON XERSEI OU CHÁNDAL DE MOTIVOS DO NADAL. A NOSA CLASE XA A TIÑAMOS ADORNADA, PORQUE NAS ÚLTIMAS SEMANAS TRABALLAMOS MOITO, CADA ALUMNO OU ALUMNA DECORAMOS UN CD, POLAS DÚAS CARAS, EN CADA EQUIPO ELIXIMOS UN DESEXO PARA O 2022 E CADA UN ESCRIBIUNO NO SEU CD.
ENTRE TODOS E TODAS ELIXIMOS 5 CD PARA COLGAR NUNHA ÁRBORE DO PATIO. SAÍMOS CON PACO A COLGALOS.
LOGO CON TODOS OS CD DECORAMOS A NOSA CLASE.
E TAMÉN PINTAMOS CON TÉMPERA ABETOS E NEVE NAS XANELAS. APRENDEMOS A DOBRAR PAPEL E DESPOIS A CORTALO FACENDO FORMAS E ASÍ CONSEGUIMOS QUE SAÍSEN FLOCOS DE NEVE, ESTA ACTIVIDADE ENCANTOUNOS PORQUE PARECÍA COMA SE FIXÉSEMOS MAXIA, PEGÁMOLOS ÁS XANELAS.
AS PROFES FIXERON UNHA ÁRBORE COS NOSOS CD
UNINDO O NADAL E O NOSO PROXECTO CONSTRUÍMOS UN DRAGÓN DO NADAL QUE PARECE QUE SE COMEU AS NOSAS TARXETAS DO NADAL.
O APALPADOR ENVIOUNOS UN VÍDEO:
ATOPAMOS O SACO DO APALPADOR, ESTABA ESCONDIDO NA AULA E DENTRO HABÍA LAMBETADAS:
MERENDAMOS UNHA MERENDA MOI RICA, CON SOBREMESAS TÍPICAS DO NADAL. BAILAMOS UN BAILE NO PATIO COA PROFE LOLA, QUE NOS SAÍU XENIAL!
No hay comentarios:
Publicar un comentario