- AS NORMAS DE CONVIVENCIA: DIALOGAMOS SOBRE A IMPORTANCIA DAS NORMAS DE CONVIVENCIA TANTO NA ESCOLA COMO NOUTRAS CONTORNAS. FACEMOS AS NOSAS PROPIAS NORMAS DA CLASE. DECIDIMOS O LUGAR DA CLASE ONDE COLOCAR OS CARTEIS PARA PODER VELOS...ETC
- DECORAR A NOSA CLASE:DECORAMOS LETRAS AO ESTILO DO PINTOR BRASILEIRO ROMERO BRITO. ENTRE TODAS AS NENAS E NENOS XUNTANDO ESTAS LETRAS, COMA SE DUN QUEBRACABEZAS SE TRATASE, COMPOÑEMOS O NOME DOS RECANTOS DE CLASE. DECIDIMOS ONDE COLOCAR OS CARTEIS. DECORAMOS PERCHAS ..
- VEMOS OS DIARIOS DE VERÁN QUE ALGÚNS NENOS E NENAS FIXERON, TAMÉN FALAMOS DAS CARTAS QUE NOS ENVIARON TADI E JOSEFINA SOBRE OS LUGARES QUE VISITARON NAS SÚAS VACACIÓNS....
- TAMÉN ESTAMOS A FALAR DO QUE QUEREMOS INVESTIGAR E APRENDER ESTE CURSO, CADA UN DE NÓS TEN QUE DICIR ALGÚN TEMA QUE LLE GUSTA E O MOTIVO. AS PROFES ESTÁN ESCRIBINDO TODO: DIFERENTES ANIMAIS ACUÁTICOS, TERRESTRES, DINOSAUROS, OS PREHISTÓRICOS, ANIMAIS MITOLÓGICOS E DIOSAS E DIOSES (UNICORNIOS, PEGASO, AFRODITA, HÉRCULES..) DE ONDE SAEN AS CORES?, COMO SE FORMOU A TERRA?....Etc. AGORA ESTAMOS A TENTAR AGRUPALOS E TEREMOS QUE REALIZAR VARIAS VOTACIÓNS PARA DECIDIRNOS ENTRE TODOS CAL VAI A FORMA PARTE DO NOSO PRIMEIRO PROXECTO.
- COMO TEMOS UNHA CLASE DIFERENTE, CON MOITOS MATERIAIS E XOGUETES NOVOS, ESTAMOS A EXPLORALO TODO, AS PROFES DÉIXANNOS EXPERIMENTAR E MANIPULAR LIBREMENTE. TÉMOLOS ORGANIZADOS EN CINCO RECANTOS: LETRAS, NÚMEROS, SIMBÓLICO, ARTISTAS E CONSTRUCIÓNS.
- SEGUIMOS COAS RUTINAS DA ASEMBLEA E MOITAS COUSAS MÁIS...
TADI E JOSEFINA TAMÉN ESTÁN VÉNDONOS
OS NOSOS DIARIOS DO VERÁN
No hay comentarios:
Publicar un comentario