21/5/21

PARIS, NOVA YORK, TRIBUS, MASAIS.... PEQUENOS PROXECTOS DENTRO DUN GRAN PROXECTO, O MUNDO

OS SUPERHEROES E AS SUPERHEROÍNAS AXUDAMUNDOS E LIMPAMUNDOS SEGUIMOS TRABALLANDO E INVESTIGANDO NO NOSO PROXECTO, O MUNDO. ADEMAIS DE VER ALGUNHAS DAS SÚAS MARABILLAS,  TAMÉN TENTAMOS BUSCAR SOLUCIÓNS AOS SEUS PROBLEMAS. 
A TRAVÉS DAS DIFERENTES INVESTIGACIÓNS QUE OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS TROUXEMOS DA CASA, IMOS FALANDO DALGÚNS PAÍSES, CIDADES, MONUMENTOS, CONTINENTES, OCÉANOS...   QUE MÁIS NOS INTERESA, ASÍ SURDEN PEQUENOS PROXECTOS.

OS INTERESES DE CADA CLASE ÁS VECES SON DIFERENTES:

NA CLASE DE 4 ANOS A

INTERESOUNOS MOITO PARÍS (A CANTIDADE DE PONTES QUE HAI SOBRE O SENA, A TORRE EIFFEL QUE MIDE TANTO COMA 60 XIRAFAS E A CATEDRAL DE NOTRE DAME, DA QUE ESTIVEMOS REFLEXIONANDO SOBRE AS POSIBLES CAUSAS DO INCENDIO DE 2019). VIMOS UN VÍDEO MOI CHULO, SITUAMOS PARÍS NO MAPA MUNDI QUE TEMOS NA CLASE, MIRAMOS NO GOOGLE EARTH A DISTANCIA ENTRE PONTEVEDRA E PARÍS, FALAMOS DOS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE PODIAMOS EMPREGAR PARA VIAXAR ATA ALÍ...TAMÉN NOS CHAMOU MOITO A ATENCIÓN MADAGASCAR POR SER UNHA ILLA MOI GRANDE E POLA PELÍCULA QUE LEVA O MESMO NOME…

OUTRO ASPECTO QUE NOS INTERESA MOITO É A IMPORTANCIA DA RECICLAXE PARA CONTRIBUIR A SALVAR AO PLANETA. PARA DEMOSTRAR O CONCIENCIADOS QUE ESTAMOS CO TEMA E QUE SABEMOS A QUE COLECTOR VAI CADA RESIDUO, FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE NA QUE TIVEMOS QUE RECORTAR DIFERENTES IMAXES E PEGALAS NO CONTEDOR CORRESPONDENTE. FIXÉMOLO XENIAL! 
AGORA TEMOS MOI CLARO DONDE TEMOS QUE TIRAR CADA COUSA.


TAMÉN EN 4 ANOS A. 
A RAÍZ DA INFORMACIÓN QUE TROUXO ALGÚN COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA SOBRE TRIBOS AFRICANAS E DESPOIS DE VISUALIZAR NA AULA UN VÍDEO SOBRE O MODO DE VIDA DOS MASAI E ALGÚN LIBRO RELACIONADO, DECIDIMOS INVESTIGAR SOBRE DIFERENTES TRIBOS (TUAREG, ZULÚ, MASAI) PARA VER QUE COSTUMES TEN CADA UNHA DELAS, EN QUE SE PARECEN, EN QUE SE DIFERENCIAN...E COMPARALAS COA NOSA FORMA DE VIDA A CAL É MOI DIFERENTE. 


AQUÍ IMOS POÑENDO AS INVESTIGACIÓNS QUE ESTAMOS  TRAENDO DA CASA:



NA CLASE DE 4 ANOS B.

GUSTANOS XOGAR COA  ESFERA DA TERRA,  VEMOS EN QUE PAÍS PUXEMOS O DEDO, E  QUE  SABEMOS  DESE LUGAR….  

    UN DÍA TOCAMOS CO DEDO EN ESTADOS UNIDOS, E ALGÚNS E ALGUNHAS DIXEMOS QUE ALÍ ESTÁ A ESTATUA DA LIBERDADE. INTERESONOS TANTO QUE QUERIAMOS COÑECER COUSAS SOBRE ELA. 
 FIXÉMONOS VARIAS PREGUNTAS: ONDE ESTÁ?, COMO É?... TAMÉN NOS GUSTABA PODER IR VELA, ASÍ ORGANIZAMOS UNHA VIAXE SIMULADA E IMAXINARIA,  VIMOS A DISTANCIA QUE HABÍA NO MAPA DESDE PONTEVEDRA, EN QUE PODIAMOS VIAXAR, DECIDIMOS IR EN AVIÓN. 
 A CLASE CONVERTEUSE NUN AVIÓN, CON PILOTOS, AZAFATAS ....    FALAMOS MOITO SOBRE TODO ISTO:  DOS AEROPORTOS, O TREN DE ATERRAXE, CINTO DE SEGURIDADE..... CADO ESTABAMOS NO AVIÓN, VIMOS OS VÍDEOS DE DESPEGAMENTO.  VOO,  ATERRAXE.
 AO CHEGAR A NOVA YORK, DECIDIMOS COLLER UNHA BICICLETA PARA NON CONTAMINAR, MONTAMOS NUN VELEIRO E VIMOS A ESTATUA DA LIBERDADE, SACÁRONLLES FOTOS, QUE DESPOIS IMPRIMIMOS PARA LEVAR PARA CASA, VISITAMOS CENTRAL PARK EN PATINETE, E VIMOS OS RASCACIELOS ENTRE ELES O EMPIRE STATE. USAMOS VARIAS APLICACIÓNS: GOOGLE MAPS, GOOGLE EARTH E  UNHA QUE NOS MANDOU A NOSA COMPAÑEIRA ALMA ONDE SE VE EN DIRECTO ALGUNHAS COUSAS DE NOVA YORK, ESTÁ XENIAL. 
 PICADE NA IMAXE:


FALAMOS TAMÉN DOUTRAS COUSAS IMPORTANTES DE ESTADOS UNIDOS... 

VIMOS A CONTAMINACIÓN QUE TEN NOVA YORK E ALGÚNS DOS PROBLEMAS NO RESTO DO PAÍS; RÍO COLORADO, O PARQUE YELLOWSTONE....
 COMO SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS BUSCAMOS SOLUCIÓNS A ESTES PROBLEMAS, DECIDIMOS   GRAVAR UN VÍDEO,  NO QUE CADA UN E CADA UNHA DE NÓS, VAMOSLLE  DICINDO ÁS PERSOAS DE ESTADOS UNIDOS E ÁS  DA CIDADE DE NOVA YORK O QUE DEBEN FACER PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE TANTO NO PAÍS COMO NA CIDADE,  PARA QUE  AS COUSAS BONITAS QUE VIMOS SIGAN ESTANDO BEN.

PENSAMOS A QUEN LLE PODIAMOS  MANDAR O VÍDEO E ALGÚNS TROUXEMOS A FOTO DO PRESIDENTE, UNHA COMPAÑEIRA DÍXONOS QUE OS SEUS PAIS COÑECEN A UN PROFESOR  DA UNIVERSIDADE  DE CALIFORNIA, QUE É BIÓLOGO, CIENTÍFICO E MOI INTERESADO POLO CAMBIO CLIMÁTICO, TEMOS A SÚA DIRECCIÓN E CORREO E AGORA ESTAMOS A ORGANIZAR O VÍDEO PARA MANDARLLO, E COMO FALA EN INGLÉS, CON AXUDA DA TEACHER DE INGLÉS, MARÍA JESÚS,  VAMOS A PODER DECIR ALGUNHAS PALABRAS EN INGLÉS NO VÍDEO.  TAMÉN ESTAMOS FACENDO UNHA ESTATUA DA LIBERTADE MOI GRANDE, QUE VAI CHEGAR AO  TEITO. 

AQUI IMOS POÑENDO AS FOTOS DAS INVESTIGACIÓNS  QUE TROUXEMOS DA CASA:


 
A SEMANA PASADA  UNHA COMPAÑEIRA TROUXO A CLASE UN VÍDEO ONDE ELA BAILA E DISFRÁZASE DE MASAI, MOTIVOUNOS  TANTO QUE TODOS QUERIAMOS INVESTIGAR SOBRE ESTA TRIBO, PREPARAMOS AS PREGUNTAS, SOBRE O QUE NOS INTERESA INVESTIGAR, ALGUNHAS DELAS:  ONDE VIVEN?, COMO VIVEN? ,QUE COMEN? ,COMO BAILAN?..ETC.
ALGÚNS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS TROUXERON MOITA INFORMACIÓN A CLASE. PROPUXEMOS MOITAS ACTIVIDADES PARA FACER: FACER UNHA CHOZA MASAI NO CORREDOR, DISFRAZARNOS DE MASAIS, BAILAR BAILES COMA ELES, FACER ABELORIOS....    CON ALGUNHAS ESTAMOS MOI EMOCIONADOS E EMOCIONADAS, A VER SE NOS DA TEMPO A FACERLAS TODAS.   TAMÉN QUEREMOS VIAXAR A COÑECER OS MASAI  E VER COMO É A SÚA FORMA DE VIDA, QUE É MOI DIFERENTE DA NOSA...

ESTIVEMOS A RECORTAR COLARES MASAIS EN CARTOLINA E DECORÁNDOOS CON TÉMPERA. AGORA ESTAMOS MOI EMOCIONADOS PORQUE QUEREMOS POÑELOS NOS NOSOS PESCOZOS.

AQUÍ IMOS POÑENDO AS FOTOS DAS INVESTIGACIÓNS QUE ESTAMOS TRAENDO DA CASA:



TAMÉN VOS POÑEMOS AQUÍ UN ACCESO AO CARTAFOL DE INVESTIGACIÓNS DO MUNDO QUE TEMOS NUNHA ENTRADA ANTERIOR, E CADA DÍA IMOS METENDO NELA OUTRAS INVESTIGACIÓNS QUE TRAEMOS A CLASE SOBRE OUTROS PAÍSES, CIDADES.... DO MUNDO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario