21/4/21

PROXECTO O MUNDO

A PRINCIPIO DE CURSO OS TEMAS QUE MÁIS NOS GUSTABAN PARA INVESTIGAR ERAN OS RELACIONADOS COS VOLCÁNS E O MUNDO.

 O PRIMEIRO TRIMESTRE E PARTE DO SEGUNDO DEDICÁMOLOS,  A TRABALLAR SOBRE OS VOLCÁNS.  PARTINDO DESTE PRIMEIRO PROXECTO E UNIDO AO CAMBIO CLIMÁTICO, QUE TRABALLAMOS DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE,  COMO TEMA VERTICAL DE TODO O CENTRO, LEVOUNOS A FALAR SOBRE O MUNDO E SOBRE ALGÚNS DOS SEUS PROBLEMAS. 

 AS MASCOTAS DEIXÁRONNOS VÍDEOS PARA AXUDARNOS A MOTIVARNOS POLO TEMA:







 ASÍ FOMOS FALANDO DO QUE SABIAMOS SOBRE

 QUE É O MUNDO? QUE HAI NO MUNDO?....  XURDÍRONNOS MOITOS CONFLITOS COGNITIVOS QUE NOS SERVIRON PARA DIALOGAR E DIALOGAR: 
O SOL ESTÁ NO MUNDO OU FÓRA?, A LÚA ESTÁ DENTRO DO NOSO MUNDO OU FÓRA?, É O MESMO O PLANETA TERRA QUE O MUNDO? O MUNDO ESTÁ NO ESPAZO?…

 TAMÉN FALAMOS MOITO SOBRE OS PROBLEMAS QUE NÓS CREMOS QUE TEN O PLANETA TERRA E COMO PODIAMOS AXUDALO. 

 PARA PODER AXUDAR AO PLANETA TERRA PENSAMOS EN CONVERTERNOS EN SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES.

  ENTÓN EMPEZAMOS A DAR IDEAS DE COMO PODÍA SER O NOSO TRAXE. PRIMEIRO DEBUXAMOS COMO NOS GUSTARÍA QUE FOSE E CADA UN E UNHA CONTABA COMO ERA O SEU AOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. PARTINDO DISTO ENTRE TODOS E TODAS FOMOS DESEÑÁNDOO, TIVEMOS QUE FACER DIFERENTES VOTACIÓNS E GAÑABA A MAIORÍA.

E ASÍ NOS QUEDOU: 

PARA VER OS DEBUXOS DE 4 ANOS A   PREME NA IMAXE:
PARA VER OS DEBUXOS DE 4 ANOS B, PREME NA IMAXE:
 CANDO TIÑAMOS DESEÑADO O TRAXE NECESITABAMOS POÑERNOS UN NOME. FIXEMOS UNHA CHOIVA DE IDEAS CON DIFERENTES NOMES. 
DE TODOS ELES NA CLASE DE 4 ANOS A NUNHA VOTACIÓN SAÍU GAÑADOR LIMPAMUNDOS E NA CLASE DE 4 ANOS B. SAÍU GAÑADOR AXUDAMUNDOS.

OS E AS LIMPAMUNDOS 
OS E AS AXUDAMUNDOS

 AGORA OS E AS LIMPAMUNDOS E AXUDAMUNDOS TEMOS UNHA GRAN MISIÓN:

 BUSCAR SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS DO PLANETA TERRA. PARA ISO DECIDIMOS VIAXAR POR TODO O MUNDO PARA PODER COÑECER AS MARABILLAS QUE TEN. POR ESO FOMOS FACENDO UNHA CHOIVA DE IDEAS DE QUE MEDIOS DE TRANSPORTE PODIAMOS USAR: ALGÚNS REAIS PERO TAMÉN ALGÚNS IMAXINARIOS; OS QUE VAN RÁPIDO E LENTOS, OS QUE CONTAMINAN MÁIS E OS QUE MENOS; OS ACUÁTICOS, TERRESTRES E AÉREOS; OS QUE LEVAN MOITOS PASAXEIROS E OS QUE LEVAN POUCOS; OS QUE SON DE CARGA E OS QUE LEVAN PASAXEIROS……Etc



 DIVIDIMOS A CLASE EN EQUIPOS E CADA EQUIPO PUXÉMOSLLE O NOME DUN CONTINENTE.
 NA CLASE DE 4 ANOS B. TEMOS 5 EQUIPOS: EUROPA, ASÍA, ÁFRICA, AMÉRICA E OCEANÍA.
 NA CLASE DE 4 ANOS A. TEMOS 6 EQUIPOS E DIVIDIMOS O CONTINENTE AMERICANO EN DOUS: AMÉRICA DO NORTE E AMÉRICA DO SUR. ESTAMOS A FACER MOITOS XOGOS PARA COÑECER ALGUNHAS DAS  COUSAS MÁIS  IMPORTANTES DESTES CONTINENTES. NA CASA PODEMOS INVESTIGAR SOBRE O CONTINENTE AO QUE PERTENCE O NOSO EQUIPO.

PORQUE PARA AXUDAR AO MUNDO ANTES TEMOS QUE COÑECER ALGUNHAS DAS SÚAS MARABILLAS, FORMA DE VIDA, GASTRONOMÍA, VIVENDA, LINGUA, CURIOSIDADES...

                           POR ISO EMPEZAMOS A INVESTIGAR!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario