O 25 DE NOVEMBRO FOI O DÍA DA NON VIOLENCIA, NAS NOSAS CLASES FIXEMOS DIFERENTES ACTIVIDADES RELACIONADAS COA NON VIOLENCIA E PARTICIPAMOS NOS RETOS PROPOSTOS POLO CENTRO.
TRABALLAMOS UN PINTOR BELGA, RENÉ MAGRITTE. VIMOS ALGÚNS DOS SEUS CADROS E AS PROFES PREGUNTÁRONNOS DE QUE TRATABAN.
ENCANTÁRONNOS!! PARTÍMONOS DE RISA!!!.
NUNHA RELAXACIÓN PEDÍRONNOS QUE IMAXINÁSEMOS COS OLLOS PECHADOS, ONDE NOS GUSTARÍA ESTAR, SITIOS FANTÁSTICOS. DESPOIS DA RELAXACIÓN CADA UN FOI CONTANDO A SÚA FANTASÍA.
ALGUNHAS PRECIOSAS!! MOI IMAXINATIVAS!!
ISTO AXÚDONOS A COMPRENDER UN POUCO AS PINTURAS DE MAGRITTE E A PINTURA SURREALISTAS .
CENTRÁMONOS MÁIS NO CADRO "DOS NAMORADOS". ANTES DE DICIR O TÍTULO NIN EXPLICAR NADA, AS PROFES FORON PREGUNTÁNDONOS: QUE FACÍAN OS DO CADRO? QUEN ERAN? QUE LEVABAN NA CABEZA? POR QUE? ONDE ESTABAN?, COMO SE SENTIRÍAN?.... AS PROFES ESCRIBÍANO TODO , CON CADA OPINIÓN FIXEMOS UNHA PEQUENA POESÍA.
PINTAMOS O CADRO Á NOSA MANEIRA, COMO PENSABAMOS QUE SERÍAN OS PERSONAXES, NON LLE TAPAMOS A CARA COMO O FIXO MAGRITTE, PUXÉMOSLLE UNHA MÁSCARA PARA QUE SE SEMELLARAN A NÓS AGORA.
CON TODOS OS CADROS E CO QUE CADA UN CONTOU FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN NO CORREDOR DO COLE.
UNIMOS O CADRO Á NON VIOLENCIA, FALANDO DE DIFERENTES CONDUTAS: PEGAR, ABRAZAR, DAR BICOS, FACER DANO AOS DEMAIS....ETC
DEIXÁMOSVOS A PRESENTACIÓN DO TRABALLO. PREME NA FOTO.
VER FOTOS DO PROXECTO AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario