13/12/20

A NON VIOLENCIA: PINTAMOS COMO RENÉ MAGRITTE

O 25 DE NOVEMBRO FOI O DÍA DA NON VIOLENCIA, NAS NOSAS CLASES FIXEMOS  DIFERENTES ACTIVIDADES RELACIONADAS COA NON VIOLENCIA E PARTICIPAMOS NOS RETOS PROPOSTOS POLO CENTRO.

 TRABALLAMOS UN PINTOR BELGA, RENÉ MAGRITTE. VIMOS ALGÚNS DOS SEUS CADROS E AS PROFES PREGUNTÁRONNOS DE QUE TRATABAN.

 ENCANTÁRONNOS!!   PARTÍMONOS DE  RISA!!!. 

 NUNHA RELAXACIÓN PEDÍRONNOS QUE IMAXINÁSEMOS COS OLLOS PECHADOS, ONDE NOS GUSTARÍA ESTAR, SITIOS FANTÁSTICOS. DESPOIS DA RELAXACIÓN CADA UN FOI CONTANDO A SÚA FANTASÍA

                            ALGUNHAS PRECIOSAS!!   MOI IMAXINATIVAS!!

 ISTO AXÚDONOS A COMPRENDER UN POUCO AS PINTURAS DE MAGRITTE E A PINTURA SURREALISTAS .

 CENTRÁMONOS MÁIS NO CADRO "DOS NAMORADOS".  ANTES DE DICIR O TÍTULO NIN EXPLICAR NADA,  AS PROFES FORON PREGUNTÁNDONOS: QUE FACÍAN OS DO CADRO? QUEN ERAN? QUE LEVABAN NA CABEZA? POR QUE? ONDE ESTABAN?, COMO SE SENTIRÍAN?....  AS PROFES ESCRIBÍANO TODO , CON CADA OPINIÓN FIXEMOS UNHA PEQUENA POESÍA.

 PINTAMOS O CADRO Á NOSA MANEIRA, COMO PENSABAMOS QUE SERÍAN OS PERSONAXES, NON LLE TAPAMOS A CARA COMO O FIXO MAGRITTE, PUXÉMOSLLE UNHA MÁSCARA PARA QUE SE SEMELLARAN A NÓS AGORA. 

 CON TODOS OS CADROS E CO QUE CADA UN CONTOU FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN NO CORREDOR DO COLE. 

UNIMOS O CADRO Á NON VIOLENCIA, FALANDO DE DIFERENTES CONDUTAS: PEGAR, ABRAZAR, DAR BICOS, FACER DANO AOS DEMAIS....ETC

            DEIXÁMOSVOS A PRESENTACIÓN DO TRABALLO.  PREME NA FOTO.


VER FOTOS DO PROXECTO AQUÍ


11/12/20

MUSEO VIRTUAL OUTONO VILAVERDE

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES CO RESULTADO.

1/12/20

OUTONO: BODEGÓNS E MAGOSTO.

 ESTE ANO FIXEMOS UNHA CELEBRACIÓN DO OUTONO DIFERENTE XA QUE NON NOS PODEMOS XUNTAR.

PRIMEIRO PEDIMOS COLABORACIÓN AS FAMILIAS PARA TRABALLAR A TRAVÉS DUN POWER POINT CON BODEGÓNS DE ARTISTAS GALEGOS PARA QUE NA CASA FIXERÁDES A VOSA APORTACIÓN DE NATUREZAS MORTAS COA CREATIVIDADE DE TODA A FAMILIA.

ESTES FORON OS MARABILLOSOS RESULTADOS.


FOTOS BODEGÓNS 4A PINCHADE AQUÍ FOTOS BODEGÓNS 4B PINCHADE AQUÍ TAMÉN COLABORÁSTEDES COS VOSOS FILLOS E FILLAS NA ELABORACIÓN DUNHA MERENDA CON PRODUCTOS DO OUTONO.TODOS TIÑAN UNHA PINTA ESTUPENDA!!! MIRADE. FOTOS MERENDA CASA 4A 4B. MERENDA NO COLE, FOTOS AQUÍ. PARA DECORAR O COLE TRABALLAMOS "O MAGOSTO DAS EMOCIÓNS".COMO O ANO PASADO PASÁMOLO MOI BEN, CON MÚSICA E DANZAS DA PROFE LOLA E A DEGUSTACIÓN DAS CASTAÑAS, ESTE ANO TRABALLAMOS COMO NOS SENTÍAMOS SEN PODER CELEBRALO DESE XEITO. TODOS DIXEMOS QUE ESTABAMOS MOI TRISTES E ASÍ FOI O NOSO CUCURUCHO DE CASTAÑAS. AÍNDA QUE AO FINAL, FOI TODO MOI DIVERTIDO E DISFRUTAMOS CON TODAS AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS. MIRADE O VÍDEO.BIQUIÑOS, DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!!! FOTOS ELABORACIÓN CUCURUCHOS PINCHADE AQUÍ