INVESTIGANDO, INVESTIGANDO... DE ONDE VÉN A LAVA, LEVOUNOS AO PLANETA TERRA. VIMOS AS SÚAS CAPAS INTERIORES, QUE DUNHA DELAS SAE A LAVA DOS VOLCÁNS. OBSERVAMOS A FORMA QUE TEN A TERRA; UNHA ESFERA, POR FÓRA TEN OCÉANOS E CONTINENTES. NUN DELES VIVIMOS NÓS.
EMOCIONADOS E EMOCIONADAS QUIXÉMOLO FACER CON PLASTILINA: UNHA BÓLA AMARELA (NÚCLEO), OUTRA MÁIS GRANDE LARANXA (MANTO ONDE ESTÁ O MAGMA), OUTRA MÁIS GRANDE MARRÓN (CORTIZA ONDE ESTÁN OS MARES E OS CONTINENTES..)
ESTIRAMOS A BÓLA LARANXA E FACEMOS UN NIÑO, DENTRO DESTE NIÑO METEMOS A AMARELA, E ASÍ ATA QUE CHEGAMOS Á HIDROSFERA, A CAPA AZUL.
FALTABAN OS CONTINENTES, FIXEMOS UN CHURRO CON PLASTILINA VERDE E DIVIDÍMOLO EN 5 PARTES IGUAIS, CON CADA PARTE FIXEMOS UNHA BÓLA, XA TIÑAMOS OS 5 CONTINENTES. PEGÁMOLOS Á BÓLA AZUL E RODANDO RODANDO FIXÉMOLA MÁIS REDONDA.
SÓ QUEDABA O QUE MÁIS NOS EMOCIONABA. CORTALA POLA METADE E A NOSA SORPRESA!!!
A TERRA POR DENTRO!!
AS NOSAS CARAS ILUMINÁBANSE COA EMOCIÓN:
ASÍ A FIXEMOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario