O DÍA 5 DE XUÑO É O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, POLO QUE DURANTE ESTA SEMANA PROPOÑÉMOSVOS FALAR DE COMO PODEMOS COIDAR AO NOSO PLANETA, TENTAMOS DAR VARIAS SOLUCIÓNS.
OLLADE ESTOS VÍDEOS ANTES:
TODOS E TODAS PODEDES AXUDAR AO MEDIO AMBIENTE DE MOITAS FORMAS, POR EXEMPLO PROPOÑÉMOSVOS: REUTILIZAR UN BOTE DE IOGUR, DECORALO POR FÓRA, FACERLLE UNS BURACOS POR BAIXO E ENCHELO DE TERRA, PODEDES SEMENTAR LENTELLAS, TRIGO, XUDÍAS...
LOGO, TEREDES QUE REGALAS E APORTARLLES LUZ DO SOL PARA PASADOS UNS DÍAS TER UNHA SORPRESIÑA: A VOSA PEQUENA PLANTIÑA.
COMPARTIREMOS ESTA ACTIVIDADE E PARA ISO QUEREMOS UNHA FOTO DA SEMENTE QUE IDES PLANTAR E TAMÉN DA VOSA "MACETA-IOGUR".
POR OUTRA BANDA, OS INSECTOS, TAL E COMO INVESTIGAMOS, SON MOI IMPORTANTES PARA A CONSERVACIÓN DO MEDIO, AXUDAN ÁS PLANTAS PORQUE AIREAN O CHAN, POLINIZAN AS FLORES, E CONTROLAN AS PLAGAS.
SABÍAS QUE AS XOANIÑAS AXUDAN ÁS PLANTAS PORQUE COMEN OS PULGÓNS DA SÚAS FOLLAS?
ESTA SEMANA CANDO SALGAMOS Á RÚA MIRADE A VER SE VEDES ALGUNHA XOANIÑA.
SABEMOS QUE VOS GUSTA DEBUXAR SEGUINDO UNHAS PAUTAS, POLO QUE ESTA SEMANA IMOS PODER DEBUXAR UNHA XOANIÑA E UNHA MARGARIDA, E POR SUPOSTO QUEREMOS VER O RESULTADO DE CADA UN DOS DEBUXOS IDENTIFICADOS CO VOSO NOME.
No hay comentarios:
Publicar un comentario