TRAS UNHA ANDADURA CHEA DE VIVENCIAS, EXPERIENCIAS, DESCUBRIMENTOS E APRENDIZAXES CHEGA O FINAL DO CURSO CO INICIO DO VERÁN E AS VACACIÓNS. O VERÁN É UN PERÍODO VACACIONAL, E RESULTA IMPORTANTE QUE OS NENOS E AS NENAS GOCEN DEL COMO TAL. ALÉN DISTO, AS FAMILIAS DEBEDES TER EN CONTA QUE CALQUERA XOGO OU ACTIVIDADE COTIÁ PODE ADQUIRIR CERTO TRASFONDO PEDAGÓXICO.
POR ISO, ADEMAIS DE XOGAR, IR Á PRAIA, AO PARQUE, DE VIAXE VISITAR NOVOS LUGARES...É IMPORTANTE QUE, CADA DÍA, RESERVEDES UN TEMPO PARA REALIZAR ALGUNHA TAREFA QUE SIRVA COMO MEDIO PARA AMPLIAR, CONSOLIDAR E/OU REFORZAR ALGUNHAS CAPACIDADES ADQUIRIDAS DURANTE O CURSO.
AGORA XA, SEN ESQUECER TODO O VIVIDO DURANTE ESTE CURSO, TOCA DESFRUTAR DAS VACACIÓNS QUE HOXE VENRES 19 DE XUÑO COMEZAN; APROVEITANDO ESTES MESES DE VERÁN PARA RECARGAR AS PILAS PARA OS RETOS E ACTIVIDADES QUE NOS AGARDAN A PARTIR DE SETEMBRO EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL...BO VERÁN FAMILIAS!!!.
-PRÓXIMAMENTE O NOSO VÍDEO DE DESPEDIDA-
PDI: O VINDEIRO 23 DE XUÑO, A TRAVÉS DUN TOKAPP, RECIBIREDES O BOLETÍN TRIMESTRAL, UNHAS RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN E UNHA CARTA DE DESPEDIDA.
PDII: O 25 E 26 DE XUÑO VÉMONOS PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL.
MENTRES TANTO, O CEIP VILAVERDE-MOURENTE NOS DI...
ESTA SEMANA TEREDES QUE SEGUIR COIDANDO E OBSERVANDO A VOSA MACETA, PARA VER SE COMEZAN A BROTAR AS SEMENTES QUE SEMENTASTES A SEMANA PASADA, CANTAS PLANTAS SAÍRON, QUE COR TEÑEN, SE LLE SAEN FOLLAS, CANTAS FOLLAS...
TODO ISTO PODÉDELO IR REXISTRANDO NUN CADRO, DEIXÁMOSVOS UN MODELO:
OLLADE ESTOS VÍDEOS PARA SABER MÁIS COUSAS DAS PLANTAS:
A SEMANA QUE VÉN TERMINA O COLE. NON IMOS A VERNOS ATA DENTRO DE TRES MESES EN SETEMBRO. AÍNDA FALTA MOITO!!...
GUSTARÍANOS QUE GRAVÁSEDES UN VÍDEO CURTO PARA DESPEDIRVOS DOS COMPAÑEIROS, COMPAÑEIRAS E DAS PROFES. LOGO ENVIÁDELO AO CORREO:
VÓS ESTA SEMANA TAMÉN AXUDASTES Á CONSERVACIÓN DO MEDIO: SEGURO QUE DANDO MOITAS SOLUCIÓNS, REEMPREGANDO O BOTE DE IOGUR E OUTROS MATERIAIS DE REFUGALLO, SEMENTANDO SEMENTES PARA QUE SE CONVERTAN EN PRECIOSAS PLANTAS, ÁS QUE LLES SAIRÁN FLORES QUE SERVIRÁN AOS INSECTOS PARA POLINIZAR, LEVANDO O POLE DE FLOR EN FLOR.
PARABÉNS PARA TODOS E TODAS!! POR TRABALLAR TANTO E POLAS VOSAS APORTACIÓNS CREATIVAS QUE SON FANTÁSTICAS E A NÓS, AS PROFES, AO VELAS FANNOS QUE NOS MOTIVEMOS E COLLAMOS FORZAS PARA SEGUIR TRABALLANDO.
PODEDES PICAR NO POST- IT AMARELO E VEREDES AS VOSAS PLANTACIÓNS E TAMÉN OS VOSOS BONITOS DEBUXOS DE FLORES E XOANIÑAS.
O DÍA 5 DE XUÑO É O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, POLO QUE DURANTE ESTA SEMANA PROPOÑÉMOSVOS FALAR DE COMO PODEMOS COIDAR AO NOSO PLANETA, TENTAMOS DAR VARIAS SOLUCIÓNS.
OLLADE ESTOS VÍDEOS ANTES:
TODOS E TODAS PODEDES AXUDAR AO MEDIO AMBIENTE DE MOITAS FORMAS, POR EXEMPLO PROPOÑÉMOSVOS: REUTILIZAR UN BOTE DE IOGUR, DECORALO POR FÓRA, FACERLLE UNS BURACOS POR BAIXO E ENCHELO DE TERRA, PODEDES SEMENTAR LENTELLAS, TRIGO, XUDÍAS...
LOGO, TEREDES QUE REGALAS E APORTARLLES LUZ DO SOL PARA PASADOS UNS DÍAS TER UNHA SORPRESIÑA: A VOSA PEQUENA PLANTIÑA.
COMPARTIREMOS ESTA ACTIVIDADE E PARA ISO QUEREMOS UNHA FOTO DA SEMENTE QUE IDES PLANTAR E TAMÉN DA VOSA "MACETA-IOGUR".
POR OUTRA BANDA, OS INSECTOS, TAL E COMO INVESTIGAMOS, SON MOI IMPORTANTES PARA A CONSERVACIÓN DO MEDIO, AXUDAN ÁS PLANTAS PORQUE AIREAN O CHAN, POLINIZAN AS FLORES, E CONTROLAN AS PLAGAS.
SABÍAS QUE AS XOANIÑAS AXUDAN ÁS PLANTAS PORQUE COMEN OS PULGÓNS DA SÚAS FOLLAS?
ESTA SEMANA CANDO SALGAMOS Á RÚA MIRADE A VER SE VEDES ALGUNHA XOANIÑA.
SABEMOS QUE VOS GUSTA DEBUXAR SEGUINDO UNHAS PAUTAS, POLO QUE ESTA SEMANA IMOS PODER DEBUXAR UNHA XOANIÑA E UNHA MARGARIDA, E POR SUPOSTO QUEREMOS VER O RESULTADO DE CADA UN DOS DEBUXOS IDENTIFICADOS CO VOSO NOME.