ADEMAIS DE SEGUIR INVESTIGANDO E APRENDENDO COUSAS SOBRE OS INSECTOS, TAMÉN VOS PROPOÑEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI CREATIVA.
PODEDES CREAR UNHA OBRA DE ARTE: UN CADRO, UNHA ESCULTURA, UNHA COMPOSICIÓN... USANDO MATERIAL DE REFUGALLO DO QUE TEDES NA CASA: ROLOS DE PAPEL, TAPÓNS, FOLLAS DE XORNAL, BOLSAS, PAPEL, CARTÓN, CAIXAS DE ZAPATOS, BOTÓNS, BOTELLAS, BOTES... OU DE FÓRA: PEDRAS, PAOS, FOLLAS...
O TEMA: OS INSECTOS. A SEMANA PASADA XA FIXESTEDES OBRAS MOI CREATIVAS PERO AS CREACIÓNS DE ESTA SEMANA TERÁN QUE SER FEITAS SÓ CON MATERIAL DE REFUGALLO, NESTE MOMENTO A VOSA IMAXINACIÓN TEN QUE VOAR COMO SE DUNHA BOLBORETA SE TRATASE.
- PENSAMOS QUE OBRA DE ARTE IMOS FACER RELACIONADA COS INSECTOS
- ELIXIMOS O MATERIAL DE REFUGALLO QUE IMOS USAR.
- ELABORAREMOS A OBRA DE ARTE.
- POÑEMOSLLE NOME E ESCRIBÍMOLO.
- MANDAREMOS UNHA FOTO (SÓ UNHA) DA AUTORÍA CO TÍTULO DA NOSA CREACIÓN ARTÍSTICA AO CORREO DO NOSO BLOG
DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS COMO EXEMPLO:
No hay comentarios:
Publicar un comentario