NA CLASE DE 3 ANOS A. : PARA CONSTRUÍR A XIRAFA TRABALLAMOS MOITO: PINTAMOS CON TÉMPERA UNHA CAIXA MOI GRANDE EN FORMA DE PRISMA RECTÁNGULAR, PARA FACER O CORPO DA XIRAFA.
PINTAMOS DE LARANXA CON RODETE E TÉMPERA OS TUBOS PARA AS CATRO PATAS.
UN TUBO MOI LONGO PARA O PESCOZO E DESPOIS A CABEZA.
TAMÉN PUXEMOS AS MANCHAS CON ESPONXA E TÉMPERA MARRÓN.
PARA OS PES PINTAMOS CATRO CAIXAS DE COR MARRÓN.
QUEDOUNOS XENIAL!!
NA CLASE DE 3 ANOS B. :PARA CONSTRUÍR A MAQUETA CO HÁBITAT DOS PANDAS: PRIMEIRO ENGURRAMOS PAPEL PARA FACER UN GROSO TRONCO DE ÁRBORE, POLO QUE RUBEN OS PANDAS, PARA DORMIR NA COPA DA ÁRBORE. A COPA FIXÉMOLA CON MOITÍSIMAS FOLLAS QUE PICAMOS CON PUNZÓN E PRENDÉMOLAS DE VARIAS POLAS.
DESPOIS PINTAMOS CON TÉMPERA E RODETE MOITÍSIMOS ROLOS DE PAPEL DE COR VERDE PARA FACER AS CANAS DE BAMBÚ. PARA QUE OS PANDAS POIDAN COMER OS BROTES E AS FOLLAS, PICAMOS MOITÍSIMAS FOLLAS E PEGÁMOLAS CON SILICONA ÁS CANAS DE BAMBÚ.
AO FINAL ENGURRAMOS PAPEL DE XORNAL E RECUBRÍMOLO DE PAPEL DE SEDA VERDE, QUE RACHAMOS PARA FACER O TERREO E A HERBA ONDE DESCANSAN OS OSOS.
TERMINAMOS, COLOCANDO A TODOS OS PELUCHES DE PANDA NOS DIFERENTES LUGARES, PARA PODER OBSERVARLOS A ELES E O SEU HÁBITAT COS PRISMÁTICOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario