ESTE ANO O ENTROIDO VESTIUSE DE ARTE.
ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA. NEL APARECERÁN AS NOSAS ACTIVIDADES, XOGOS, COMENTARIOS... AGARDAMOS QUE NOS SIGADES CON INTERESE.
24/3/22
17/3/22
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA (11 DE FEBREIRO)
CON MOTIVO DO 11 DE FEBREIRO, NAS NOSAS CLASES DE 5 ANOS TAMÉN FIXEMOS DURANTE DÚAS SEMANAS EXPERIMENTOS. PARTINDO DO NOSO PROXECTO DA GRECIA ANTIGA, CONTAMOS O CONTO DE: "MAGNES O PASTOR GREGO", CONTA QUE MAGNES DESCUBRIU A MAGNETITA NA ANTIGUA GRECIA, COMO MOTIVACIÓN PARA OS NOSOS EXPERIMENTOS CON IMÁNS.
CONSTRUÍMOS UN RECANTO DA CIENCIA E CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS POR UNS DÍAS PRACTICANDO O MÉTODO CIENTÍFICO. ALGÚNS DOS NOSOS EXPERIMENTOS PODÉDELOS VER NO SEGUINTE VÍDEO:
PARA TERMINAR, O DÍA 11, VIÑERON A CLASE 3 MULLERES CIENTÍFICAS DO CSIC PARA CONTARNOS COMO FAN AS SÚAS INVESTIGACIÓNS.
SALÓN DO LIBRO
PARA PRESENTAR AO SALÓN DO LIBRO EN 5 ANOS PREPARAMOS ESTE VÍDEO COS NOSOS TRABALLOS DE ARTE, PODEDES VER O DE TODO O COLE NO BLOGUE DE MASCOTILANDIA
8/3/22
OS NOSOS XOGOS OLÍMPICOS
PARA COMEZAR AS NOSAS OLIMPIADAS, PRIMEIRO PINTAMOS A NOSA PANCARTA OLÍMPICA
QUEDOUNOS ASÍ!!!
GRUPO B
UNHA VEZ REMATADA, PROPUXEMOS FACER AS NOSAS PROPIAS OLIMPÍADAS NO PATIO E NO
XIMNASIO COA PROFE PAZ E AS TITORAS MARI CARMEN E PI. CELEBRAMOS: A
INAUGURACIÓN, OS XOGOS E CLAUSÚRA.
NA INAUGURACIÓN TODOS E TODAS COLOCADOS NO SEU
POSTO, FIXEMOS UNHA CARREIRA DE RELEVOS POR TODO O PATIO PASANDO A ANTORCHA AO
COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA QUE TIÑAMOS DIANTE . ATA CHEGAR AO PEBETERO ONDE PRENDEMOS
LUME A CHAMA OLÍMPICA COA NOSA ANTORCHA. ESCOITANDO O HIMNO DAS OLIMPÍADAS.
GRUPO A
NAS NOSAS OLIMPÍADAS AS CLASES DIVIDIRONSE EN 5 GRUPOS E CADA
GRUPO PERTENCE A UNHA POLIS. CADA UNHA TEN A SÚA PROPIA BANDEIRA E O SEU
ESCUDO. FIXEMOS O NOSO PROPIO PENTATLÓN. REALIZAMOS 5 XOGOS E SUBSTITUÍMOS A
LOITA POLO SALTO DE VALOS.
FIXEMOS AS NOSAS MEDALLAS E AS COROAS DE OLIVEIRA
REMATAMOS COA CLAUSURA DAS OLIMPIADAS. CADA GRUPO DE DEPORTISTAS SUBIU AO PODIUM PARA SER COROADOS COA MEDALLA DE OURO E A COROA DE OLIVEIRA. ESCOITANDO A MÚSICA DE CLAUSURA. PASÁMOLO XENIAL!!!
VER TODAS AS FOTOS (PICA AQUÍ)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)